CURSO INTRODUCCIÓN Á RÍTMICA JAQUES-DALCROZE
Datas: 25, 26 e 27 de febreiro
Conservatorio de Vigo
Obxectivos
-Dar a coñecer a rítmica Jaques-Dalcroze a través da práctica directa dos seus elementos máis significativos
-Relacionar os exercicios da rítmica Dalcroze coa aprendizaxe da música
-Motivarnos a descubrir e investigar no campo da pedagoxía musical
-Propor actividades e achegar recursos de traballo novos no ensino da música
Contidos
1. FORMACIÓN RÍTMICA
1.1. O movemento rítmico, corporal e musical
1.2. Elementos da linguaxe musical a través do movemento
1.3. Expresión musical e corporal
1.4. Improvisación e creación
2. CREACIÓN RÍTMICA
2.1Audición da música coa participación activa do noso corpo
2.2Audición activa da música como fonte de inspiración e creación do movemento. Desenvolvemento da expresión corporal a través da expresión musical
2.3Recursos coreográficos para visualizar corporalmente e espacialmente a música que se escoita
3. DIDÁCTICA DA RÍTMICA
3.1Metodoloxía e pedagoxía da rítmica
3.2Exemplos concretos da aplicación da rítmica nas clases de música con nenos. conserweb@conservatoriosuperiorvigo.com
alboresnunez@hotmail.com